Unha nova entrega de Mi Experto para Nintendo DS axudará a levar unha vida saudable

luns, 10 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A Nintendo DS ten títulos de éxito que permiten axilizar a memoria, adestrar a vista, mellorar o vocabulario e, agora, axudar a levar unha vida saúdable, co novo lanzamento de Ubisoft, Mi Experto en vida sana que baixo o lema de Controla tu peso pretende axudar ó usuario a mellorar as súas condicións de vida.
O xogo inclúe un podómetro coma accesorio, para contar os pasos que dá o usuario cada día. Tamén procura que os obxectivos se cumpran a través de metas diarias, minixogos e preguntas doadas de completar, precisando entre 10 e 15 minutos diarios para notar a diferenza.
Pero o uso deste novo xogo da familia Mi Experto non se basea só no exercicio, senón que tamén educa a alimentación e leva un control nutricional.
Así, este título que sairá á venda o vindeiro verán está pensado para un uso a longo prazo, engrosando unha categoría que dificilmente se pode considerar coma xogo.

PUBLICIDADE