Unha páxina web axúdanos a ir pola sombra
martes, 15 de xuño do 2021
Nuns dÃas nos que o sol está a ofrecer un anticipo do verán
e a calor azouta a nosa xeografÃa, pode resultar interesante botar un ollo a Shadowmap, unha ferramenta de mapas que
nas principais poboacións incorpora unha vista tridimensional dos edificios para
que, en función do dÃa e da hora que indiquemos, proxecte a sombra das construcións,
facilitando asà que decidamos as rutas polas que movernos á hora de fuxir da
calor.
Esta práctica ferramenta pode manexarse tanto co rato no escritorio como mediante
xestos táctiles en dispositivos móbiles, para asà poder movernos comodamente
polos mapas e decidir os mellores percorridos para ir pola sombra. Shadowmap tamén pode axudar á hora de planificar sesións
fotográficas, gravacións de vÃdeo, instalacións de carpas e moitas outras
actividades nas que teña impacto a luz solar.