Unha plataforma en liña busca fomentar a cultura do esforzo
mércores, 26 de decembro do 2012
Para instar á mocidade a esforzarse para superar obxectivos
nace Keepunto, unha ferramenta
extra-escolar avalada polo Ministerio de Industria mediante o Plan Avanza2 que
busca potenciar a cultura do esforzo e a educacións financeira a través do que
dan en chamar invisible learning
(aprendizaxe invisible).
Os mozos que se rexistren en Keepunto poden superar distintos retos intelectuais ou académicos
(xeografÃa, historia, matemáticas...), retos de habilidades (papiroflexia,
maquetas...) ou de lóxica (sudokus, sopa de letras...), de xeito individual ou
colectivo, obtendo asà ingresos en forma dunha moeda virtual chamada KEE (Key
Electrónico Effort) que poderá acumularse para poder xestionar e canxear por recompensas de
lecer (viaxes, entradas a eventos...), deporte (equipamento deportivo, cursos e
actividades ao aire libre), moda (prendas, accesorios e mesmo tarxetas agasallo
en distintos establecementos) e tecnoloxÃa (ordenadores, tablets, smartphones,
videoxogos...), entre as que destaca especialmente un Renault Twizy Urban 45.
Durante as primeiras 10 semanas de funcionamento de Keepunto rexistráronse máis
de 20.000 participantes, superáronse preto de 50.000 retos e entregáronse
6.750.000 kees.
Para estar ao tanto das últimas novidades de Keepunto, esta
plataforma conta cunha aplicación para dispositivos Android que actualmente
está en fase de probas.
- Keepunto conta cunha aplicación para Android