Unha startup acelerada dende A Coruña consegue capital para saltar ao Reino Unido
martes, 27 de xaneiro do 2015
Hai un par de anos a coruñesa Zarpamos organizou un concurso para
elixir os proxectos a incorporar na súa aceleradora de empresas, entre os
que figurou KollectBox, un servizo orientado a coleccionistas encabezado por Jorge Oliveira que
conseguiu captar a atención a través dunha business
meeting pechada en Londres en novembro participando en Bstartup, de xeito que esta startup conseguiu
xuntar 200.000 euros, capital que facilitará o seu traslado a Londres, onde
constituirá sociedade e contará co asesoramento dun dos mellores mentores de Reino
Unido, responsable tamén da xestión do fondo de investimento que entra no
capital.
Kollectbox está actualmente na busca de máis investimento, para poder traballar
con máis forza nesta aventura no Reino Unido, para o que pretenden pechar unha ronda de investimento
de entre 100.000 e 150.000 euros en España.
O servizo que están a desenvolver dende Kollectbox é un portal para
coleccionistas, que na súa primeira fase está orientado a moedas e selos, cun
deseño atractivo á hora de amosar coleccións, permitindo o intercambio e a
mostra pública e privada de coleccións.

- Kollectbox é un dos proxectos acelerados na Coruña por Zarpamos
