Unha tenda virtual regala impresoras láser coa compra de tóner

martes, 8 de maio do 2007 Marcus Fernández

A tenda a través da Rede ConZumo.com lanzou unha promoción coa que pretende concienciar sobre o alto prezo do tóner das impresoras láser, e así, pola compra de 10 cartuchos de tóner regalan unha impresora láser.
A oferta cínguese ás impresoras HP Laserjet 1018 e Brother HL-2030, e debería facer reflexionar ós consumidores sobre o prezo real das impresoras, xa que moitas veces só ponderan o prezo do dispositivo físico e esquecen que a meirande parte do gasto que terán que facer durante a vida da impresora corresponderá claramente á tinta.

PUBLICIDADE