Unha trintena de estudantes de catorce concellos participarán este venres 10 na OlimpÃada Informática Galega
xoves, 9 de febreiro do 2023
O
Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia
(CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UDC, USC e
UVigo) e do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información
e a Comunicación (CITIC), organiza
este venres 10 de febreiro a OlimpÃada Informática Galega 2023 (OIG
2023). Celebrarase de xeito presencial na Facultade de
Informática da Universidade da Coruña (coa colaboración da Escola
Superior de EnxeñarÃa en Informática do Campus de Ourense da UVigo
e da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC). A proba será
en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, aÃnda que os
participantes deberán estar na sede ás 16:00 horas. Todos os datos
desta edición galega da competición témolos
na súa web.
A
axenda do certame é a seguinte:
16:00
h. Recepción de estudantes e acceso ás aulas
16:15
h. Benvida por parte do comité organizador e presentación da
OlimpÃada. Asistirán a vicerreitora de Estudantes, Participación e
Empregabilidade da UDC, MarÃa José LombardÃa; o vicedecano de
Organización Académica da Facultade de Informática da UDC, Óscar
Pedreira; e a vicepresidenta do CPEIG e responsábel da OIG 2023,
Susana Ladra. Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á
contorna de desenvolvemento da proba
17:00
h. Inicio da proba
20:00
h. Fin da proba
20:30
h. Acto de clausura, incluÃndo a proclamación de gañadores/as, coa
presenza do decano da Facultade de Informática da UDC, Mariano
Cabrero, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
Os
acompañantes dos participantes poderán asistir a unhas charlas
sobre estudos e temas de admisión, bolsas ou axudas da UDC e da súa
Facultade de Informática a cargo de MarÃa José LombardÃa e Óscar
Pedreira. A continuación, visitarán o CITIC, centro de
investigación TIC da UDC recoñecido como centro singular do Sistema
Universitario Galego, ademais de coñecer, e probar nalgúns casos,
investigacións que se realizan.
InscribÃronse
estudante de entre 14 e 19 anos da Coruña (3 participantes), A
Estrada (1), Foz (1), Ferrol (1), A Baña (1), O Barco de Valdeorras
(2), O Porriño (5), A Merca (1), Ourense (1), Ames (1), Santiago de
Compostela (11), Teo (3), Vedra (1), e Vigo (1). Os estudantes
proceden de 14 centros da comunidade galega:
A
fase internacional celebrarase en HungrÃa a finais de agosto
A
competición consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre catro
e seis. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de
programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG
permÃtese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un
escenario onde os participantes deberán desenvolver un programa que
o resolva, o que require coñecementos de deseño correcto e
eficiente de algoritmos.
Os
dous primeiros clasificados na OIG 2023 accederán de xeito directo á
fase nacional da XXVII OlimpÃada Informática Española (OIE), que
se celebrará do 24 ao 26 de marzo en Madrid. De aÃ, os gañadores
poderán acceder á 35ª OlimpÃada Internacional de Informática,
que se celebrará en Szeged (HungrÃa) do 28 de agosto ao 4 de
setembro.
A
OIG 2023 está patrocinada por diversas entidades e empresas do
sector TIC: AWS (Amazon-Apser), Concello de Coruña, Dinahosting, DXC
Technology, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Sixtema e Veritas.
Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais
para os seguintes postos na clasificación, ademais de para a mellor
programadora feminina e para a/o mellor participante da ESO. Con
posterioridade ao certame, celebrarase un acto de entrega de premios.