Unha vintena de persoas de Porto do Son capacÃtanse dixitalmente grazas ao programa DixigalÃzate
xoves, 9 de xaneiro do 2025
O Concello de Porto do Son comezou o ano con formación tecnolóxica destinada a fortalecer o apoderamento, a autonomÃa e a empregabilidade da veciñanza en situación de desemprego. Estamos a falar do Curso de Competencias Dixitais Básicas, que se dirixe a formar unha vintena de alumnas e alumnos. Este mércores 8 de xaneiro, sen ir máis lonxe, celebrouse a inauguración do curso, acto no que participou a concelleira de Persoal de Porto do Son, Magdalena Pérez.
As sesións desenvólvense na Biblioteca Municipal ao longo de 200 horas de contidos, en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas. Todas as persoas participantes recibirán o tÃtulo oficial acreditativo e un ordenador portátil de agasallo á finalización da formación. Esta está a ser impartida polos profesionais de Ara Formación e Beproject Consultores, a través do programa DixigalÃzate (iniciativa de adestramento tecnolóxico para as provincias da Coruña e Lugo, impulsado pola Xunta, a UE e o Goberno central, co apoio de Concellos como o do Son).
A formación consistirá en diferentes sesións de formación de balde para persoas en desemprego de Porto do Son. A actividade inclúe a entrega dun computador portátil para as persoas participantes. O único requirimento para asistir viña sendo estar dada/o de alta no Servizo Público de Emprego.