Unha web revive vellos xogos de 8 bits

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Head Over heels baixo Mac OS X

Os nostálxicos dos xogos para Spectrum ou Amstrad CPC estarán encantados de saber que dende a páxina web de Retrospec están a recoller toda unha serie de remakes de clásicos xogos de 8 bits para Windows, Mac OS X, Linux e BeOS, destacando especialmente o xogo Head Over Heels (o único portado ás 4 plataformas polo momento) e que é toda unha obra mestra de Jon Ritman empregando o motor gráfico Filmation, que presentaba gráficos en perspectiva isométrica e que agora están mellorados con cores e mesmo efectos de iluminación, conservando o seu encanto orixinal.
Na mesma web tamén podemos descargar xogos coma Humphrey, Manic Minner, Jet Set Willy, Atic Atac ou Wizball, e mesmo unha serie de utilidades que nos permite crear os nosos propios mapas para os xogos.

PUBLICIDADE