Uns audiófonos tirarán proveito do iPhone para mellorar a audición
mércores, 26 de febreiro do 2014- Morten Hansen presentou onte en New York estes novos audiófonos que hoxe puideron verse en Barcelona
Hoxe presentáronse dentro do Mobile World Congress uns novos
audiófonos da compañÃa danesa GN Resound,
os ReSound LiNX, que destacan por
estar deseñados para traballar especificamente cun dispositivos móbil de Apple,
de xeito que non serven só para escoitar o que se ten ao redor, senón que tamén
operan como auriculares estéreo para a reprodución multimedia ou para o
establecemento de chamadas de voz e vÃdeo.
Este produto emprégase en combinación coa aplicación ReSound Smart, dispoñible
en breve na App Store, que permite facer os axustes axeitados para poder
escoitar con claridade durante un concerto, mentres camiñamos polos rúa ou
mentres estamos nunha cea nun restaurante. A aplicación tamén pode facer uso da
función Live Listen, que aproveita o
micrófono do iPhone para, por exemplo, escoitar mellor a outra persoa á que
podemos achegar o terminal.
Aproveitando que estes audiófonos empregan Bluetooth 4.0 LE para comunicarse
cos dispositivos con iOS, tamén pode aproveitarse para interactuar con outras
fontes de son, como un televisor que goce de conectividade sen fÃos, evitando
ter que subir moito o volume para escoitar axeitadamente.
- Os audiófonos teñen un tamaño tan reducido que case parecen invisibles durante o seu uso
- O iPhone pode axudar a recoller son ambiental para transmitilo aos audiófonos
VÃdeo de presentación dos audiófonos ReSound LiNX