Uns filtros dotarán a pantallas ordinarias de tecnoloxÃa 3D sen lentes
mércores, 29 de xuño do 2011
- Os filtros Pic3D estarán dispoñibles para iPhone
Que a tecnoloxÃa de
visualización en 3D está principalmente lastrada polo feito de ter que empregar
lentes para gozar da mesma é innegable, de aà que Nintendo decidise optar por
unha pantalla autoestereoscópica na súa última consola portátil, e coñecendo o
atractivo do 3D sen lentes, a compañÃa nipona Global
Wave desenvolveu unha pelÃcula especial que pode colocarse sobre unha pantalla
LCD ordinaria para adaptala a esta revolucionaria tecnoloxÃa.
Esta orixinal solución chámase Pic3D e emprega un sistema de lentes
lenticulares semellantes ao da 3DS, pero que chegará, posiblemente no mes de
agosto, en varios tamaños: 12,1 polgadas (nun modo de pantalla de 1.280 x 800
pÃxeles), de 15,6 polgadas (1.366 x 768), 21,5 polgadas (1.920 x 1.080), 23
polgadas (1.920 x 1.080), e para o iPad 2 e o iPhone/iPod Touch.
Para poder gozar desta solución hai que contar cunha aplicación instalada no PC
que poderá descargarse da web do fabricante dos filtros de pantalla (e que
tamén preparará unha versión para iOS) de xeito que os vÃdeos en formato 3D con
imaxes paralelas horizontalmente (dos que hai unha nutrida colección en
servizos como YouTube) poderán gozarse en 3D sen lentes especiais.
Como vantaxe deste produto non estarÃa só a posibilidade de adaptar equipos
existentes, senón tamén no seu prezo, pois agárdase que o filtro para iPhone
custe só 2.000 iens (17,12 euros), mentres que os de 23 polgadas poderÃan chegar aos 14.500 iens (124,12 euros).
VÃdeo no que presentan a tecnoloxÃa Pic3D de Global Wave
- Esta solución tecnolóxica estará dispoñible para monitores, iPad 2 e iPhone/iPod Touch