Uns trinta responsábeis TI visitaron a sede da AMTEGA no marco do programa SinFiltro
martes, 17 de decembro do 2024
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) recibiu esta mañá a visita dunha trintena de responsábeis das áreas de sistemas e tecnoloxÃas de información de empresas e institucións. A visita encadrouse no marco das actividades de divulgación e debate do ciclo SinFiltro que organiza semestralmente o asesor e divulgador Marcelo Castelo.
O obxectivo destes encontros, que xa se desenvolveron con anterioridade en empresas como Abanca ou Inditex, é o de ofrecer un marco informal para o intercambio de experiencias e información entre as persoas que levan o peso da transformación dixital nos sectores privados e público.
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, actuou como anfitrión da visita e explicou aos asistentes o modelo de Goberno da IA da Xunta e o marco no que se desenvolve, que inclúe a Estratexia Galicia Dixital 2030 e, proximamente, a Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, cuxo proxecto acaba de ser aprobado polo Consello de Goberno.
Responsábeis de departamentos técnicos da Administración autonómica participaron nunha rolda de presentacións sobre a estratexia da Xunta, que combina tecnoloxÃas con atención ás persoas e ao territorio. Entre elas, o novo modelo de atención socio-sanitario en residencia intelixente de maiores e persoas con discapacidade; o Centro de Control e Coordinación de Incendios de Galicia; os usos da IA e a Internet das Cousas (IoT) na sanidade; ou a estratexia e goberno con sistemas de almacenamento e xestión na nube.