VAIO presenta o seu primeiro smartphone

xoves, 12 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Agora que a marca VAIO xa non pertence a Sony podemos ver algo tan curioso como que chegan ao mercado xaponés smartphones con esta marca, que non teñen nada que ver cos Sony Xperia, comezando polo VAIO Phone, que chegará ás tendas nipoas o vindeiro día 20 por 51.000 iens (395,93 euros), e que coméntase que podería ser unha versión do Panasonic ELUGA U2, que en Taiwán saíu á venda por 7.990 dólares (238,32 euros), o que non di moito a favor da explotación da marca VAIO no país asiático.
O VAIO Phone é un discreto terminal con pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procsador a 1,2 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 64 GB), cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e batería de 2.500 mAh. O seu grosor é de 7,95 milímetros e o seu peso de 130 gramos, que como principal vantaxe tería que xa vén con Android 5.0.

PUBLICIDADE