VIVE Focus Plus, unha solución de VR autónoma para empresas
venres, 22 de febreiro do 2019
Dende HTC naceu unha marca de cascos de realidade virtual que
converteuse no principal referente do sector para aplicacións profesionais, e
aÃnda que o casco HTC Vive estaba orientado ao seu uso en ordenadores persoais
de alta gama, agora queren desfacerse de cables e ofrecer unha nova experiencia
con VIVE Focus Plus,
un casco que ofrecerá seis graos de liberdade, ou sexa, que permitirá gozar de mundos
virtuais inmersivos coa mesma liberdade que os dispositivos para ordenador, pero
gozando de maior portabilidade e dun uso máis natural ao carecer de cables.
Este novo produto chegará
a máis de 25 mercados no segundo trimestre do ano e, aparte do seu casco de
realidade virtual, tamén contará cun par de controladores para as mans que
facilitarán a interacción dentro dos mundos virtuais. Pero un dos puntos fortes
deste produto é que está baseado na plataforma WAVE, contando con ferramentas
de desenvolvemento que facilitarán que os programadores poidan trasladar dun xeito
relativamente doado as súas creacións para ordenador a esta solución móbil.
No que a especificacións se refire, VIVE Focus Plus conta cunha pantalla AMOLED
cunha resolución de 2.880 x 1.600 pÃxeles cunha velocidade de refresco de 75 Hz
e un campo de visión de 110 graos, funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
835, ten 4 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno, integra conectividade
Wi-Fi e a súa baterÃa de 4.000 mAh permite até 2,5 horas de uso activo.