VTech prepara un smartwatch para cativos

luns, 17 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A empresa xogueteira VTech leva tempo apostando pola tecnoloxía con produtos como cámaras fotográficas e tablets, e atendendo ás últimas tendencias do mercado está a preparar o lanzamento o vindeiro verán dun novo produto da liña Kidizoom: un smartwatch con pantalla táctil de 1,4 polgadas que venderase a 39,99 libras esterlinas (48,74 euros).
Este novo dispositivo estaría dirixido a cativos de entre 6 e 12 anos de idade, incluiría unha cámara dixital de 0,3 Mpíxeles con gravación de vídeo, unha gravadora de voz (con efectos graciosos na reprodución) e 3 xogos educativos precargados.
Tería conectividade USB para poder copiar os contidos capturados a un ordenador e non esquecería funcións propias dos reloxos: amosará a hora en analóxico ou dixital e contará con funcións de cronómetro e conta-reloxo.
Dende VTech pretenden que este tipo de dispositivo sirva para que os nenos aprenda a interpretar as horas, á vez que facilítalles un dispositivo que habitualmente ven usar aos maiores (aínda que cada vez vexamos menos os reloxos de pulso como un produto que vaia máis aló dun complemento de moda).


O smartwatch de VTech visto en vídeo

PUBLICIDADE