Valve confirma que está a traballar no xogo Deadlock
venres, 23 de agosto do 2024
Durante o mes de agosto comentouse que Valve estaba a traballar nun hero shooter en terceira persoa moi na liña de Overwatch (con toques de Valorant, Dota 2 e Team Fortress 2) que recibirÃa por nome Deadlock, e que estarÃa a probarse por milleiros de usuarios convidados (de xeito, ten rexistrado máis de 44 mil xogadores simultáneos), o que resulta rechamante para unha versión de proba dun xogo sen anunciar.
Finalmente este segredo a voces libérase, e Deadlock figura xa en Steam como «un xogo multixogador en fase temperá de desenvolvemento», detallando que os recursos artÃsticos que presenta son temporais, a xogabilidade é experimental e a localización aÃnda está en curso, de aà que o acceso a este tÃtulo estea limitado a usuarios convidados, aÃnda que sorprenda que o número de convites repartidos sexa tan elevado.
En calquera caso estamos ante un proxecto moi imporante, xa que serÃa o primeiro grande lanzamento de Valve en varios anos, xa que a compañÃa de videoxogos está máis centrada na comercialización de xogos que na súa creación, pero todo o que desenvolve directamente ten moitas bazas para converterse nun grande éxito.
VÃdeo no que podemos ver Deadlock en acción