Valve nega que se vulnerase a seguridade de Steam
xoves, 15 de maio do 2025

- Pola Rede circulaban máis de 89 millóns de rexistros de datos persoais supostamente filtrados de Steam
Nos últimos dÃas circularon novas sobre unha filtración masiva de datos de datos persoais de usuarios de Steam, que dende Valve aseguran que se trata realmente de antigas mensaxes de texto que se enviaron no seu momento a usuarios de Steam, confirmando que non se produciu ningunha vulneración da seguridade dos seus sistemas.
A compañÃa continúa a investigar a orixe da filtración, dificultada polo feito de que as SMS non van cifradas durante a transmisión e atravesan varios provedores antes de chegar aos teléfonos dos usuarios.
O contido da filtración consistÃa en mensaxes antigas con códigos dun só uso (válidos unicamente durante 15 minutos) e os números de teléfono aos que foran enviados. Non se incluÃa ningunha ligazón directa entre eses números e contas de Steam, nin tampouco contrasinais, datos de pagamento nin outra información persoal, polo que non deberÃa de supor ningún problema de seguridade.
Valve informou aos usuarios de que non é preciso adoptar ningunha medida de seguridade adicional, aÃnda que lembran recomendacións como comprobar de xeito periódico os dispositivos autorizados para o acceso á conta de usuario e empregar como sistema de verificación de identidade o autenticador móbil de Steam, que é moito máis seguro que confiar en correos electrónicos e mensaxes de texto para confirmar a identidade do usuario.
