Varias canles televisivas locais norteamericanas globalizan os seus contidos en YouTube

mércores, 6 de xuño do 2007

Non só as grandes canles televisivas apostan por YouTube para levar os seus contidos á Rede, e así a compañía chegou a un acordo con Hearst-Argyle, empresa propietaria de 26 emisoras locais nos EE.UU. de xeito que publicarán novas e reportaxes no servizo de publicación de vídeos propiedade de Google compartindo con eles os ingresos por publicidade achegados a través deste sistema.
Con este paso as canles locais conseguen unha cobertura global, podendo verse as súas pezas en todo o mundo.
Algunhas das canles locais que xa teñen presenza en YouTube son WCVB 5 (Boston), WMUR 9 (Manchester), KCRA 3 (Sacramento), WTAE 4 (Pittsburgh) e WBAL 11 (Baltimore).

PUBLICIDADE