Varios torneos de videoxogos completarán a primeira edición de XOGA na Coruña
mércores, 24 de setembro do 2014
A cidade da Coruña está a destacar nos últimos anos polas
súas numerosas actividades dirixidas a unha mocidade que busca propostas
alternativas de lecer, e para avanzar nesta dirección as asociacións galegas
Draco, Movemento Xove e Terra Lúdica organizan os vindeiros días 26, 27 e 28 a primeira edición das Xornadas de Ocio Galego Alternativo
(XOGA), que realizaranse no albergue Beiramar (parte das instalacións do
Colexio Salesiano San Juan Bosco) onde incluso haberá espazo para que os
visitantes que veñan de máis lonxe poidan pasar a noite, para poder así
participar nas actividades de toda a fin de semana.
Aínda que nas xornadas destaquen especialmente as mesas redondas, a práctica de
jugger e softcombat, distintos obradoiros e xogos de mesa, de cartas, de
taboleiro, de miniaturas e de rol en vivo, non faltarán os videoxogos,
de xeito que o venres pola tarde celebrarase un torneo de Mario Kart 8, o sábado poderase competir nos xogos Pokémon X-Y e Just Dance e o domingo rematará cun torneo de Super Smash Bros. Brawl.
Un torneo que non podemos deixar de comentar é o do wargame chamado Infinity, que desenvolverase
durante o sábado e o domingo, e destaca por ser obra de Corvus Belli,
compañía de Cangas do Morrazo que conseguiu que a súa creación conseguise sona
internacional, de aí que non sexa de sorprender que no futuro teña unha
contrapartida electrónica, xa que universos como o de Warhammer serviron de inspiración para numerosos videoxogos dende
os anos oitenta chegando a completos xogos masivos en liña con centos de
milleiros de xogadores.
- Mario Kart 8</Em> será o xogo que abra os torneos de videoxogos na primeira edición de XOGA
- O encontro tamén acollerá un torneo do wargame de factura galega Infinity