Velfix permite á firma Lolita Moda incrementar vendas en liña e ampliar catálogo nas tendas físicas

luns, 25 de maio do 2026 S. P.

Pablo Hermo, propietario de Lolita Moda

A firma viguesa Velneo compartiu máis historias de éxito relativas á implantación do software Velfix, ferramenta de xestión e plataforma omnicanle deseñada por Meigasoft (Ames) e integrada por Velneo, concibida especificamente para o comercio polo miúdo e as tendas físicas (especialmente en sectores como moda e calzado).
Velfix permite ás tendas físicas dar o salto ao ámbito omnicanle de forma sinxela, unificando nun só sistema a xestión do punto de venda, a tenda online e a presenza en grandes marketplaces.
Segundo explican dende Velneo, “con Velfix, unha pequena tenda de barrio pode ver integrado todo o seu catálogo de produtos en xigantes dos marketplaces como Amazon, Miravia ou Zalando, entre outros, desde un único sistema”.
A histórica empresa noiesa Lolita Moda, referente do comercio tradicional no Barbanza con case 70 anos de actividade, é un exemplo de firma téxtil de proximidade con límites expandidos grazas á transformación tecnolóxica e á integración de software orientado á venda online, unha aposta que permite duplicar as vendas non só a través de Internet senón tamén á través das tendas físicas.

Tenda de Lolita Moda en Ribeira

“Cando en Lolita Moda decidimos integrar un software que nos permitise acceder aos poucos aos grandes marketplaces descubrimos que -en paralelo- tiñamos que ampliar o noso catálogo de produto nas tendas físicas, vendendo así produtos que, anteriormente, estaban vetados”, explica Pablo Hermo, responsable de comercio electrónico en Grupo Lolita Moda e propietario da empresa.
Hermo engade que “o software de Velfix permitiunos poder vender moito máis en cada tenda física e, ademais, medrar moito na venda online, alcanzando os 7.000 euros de vendas ao mes a través da canle dixital”.
Para Pablo, a clave para poder crecer nas vendas dixitais está no coñecemento do cliente, “e isto é algo que podemos manter vendamos aos veciños de Noia a través das nosas tendas físicas como a través dos marketplaces entre os usuarios das localidades lindeiras e que optan por mercar por online xa que nos coñecen de primeira man”.
Ampliando o catálogo
Dende Velneo explican que o crecemento orgánico nos e-commerce permite medrar ás tendas físicas, posto que ao aumentar stock e comprar máis marcas para a contorna online, tamén se amplía o catálogo de produtos nas tendas físicas.
“Desde a pandemia en 2020 desenvolveuse unha premisa pola cal moito tendas físicas pensaron que o comercio online faría desaparecer á pequena tenda de barrio; con todo, a realidade é que a integración da venda en liña naqueles pequenos comercios físicos non fixo outra cousa que duplicar vendas, ben a través un stock máis amplo ben a través da venda dunha maior cantidade dos mesmos produtos”, sinala Velneo, engadindo que “as claves para un éxito na omnicanalidade debe pasar por unha sincronización total do stock en tempo real, entre a tenda física, a tenda en liña e os marketplaces; dispoñer dunha xestión simplificada que centralice as operacións do día para evitar así ferramentas soltas; e que sexa o máis modular posible para que permita escalar en función das necesidades puntuais de cada tenda”.
Velneo é unha plataforma de desenvolvemento de software que permite crear aplicacións empresariais de “forma rendible e segura”. Con décadas de traxectoria e sede no Porriño (Pontevedra), Velneo é o piar tecnolóxico do Grupo Visual MS e conta cunha comunidade de miles de desenvolvedores en España e Latinoamérica.