Vémolo Nós pecha o 5 de setembro a recepción de audiovisuais de calidade en galego
luns, 4 de agosto do 2025
O Servizo de Normalización LingüÃstica da USC lanzou unha nova edición do certame audiovisual Vémolo Nós, cuxo prazo de recepción de traballos remata o 5 de setembro. Este concurso, dirixido á comunidade universitaria da USC, ten como obxectivos promover a produción e a difusión de vÃdeos curtos e orixinais que fomenten o galego como lingua de divulgación cientÃfica, co fin de constituÃr un compendio de materiais audiovisuais útiles para a docencia no ámbito universitario.
Ademais, esta iniciativa pretende que a comunidade universitaria teña como referentes produtos audiovisuais de calidade á súa disposición que sirvan de modelo para a creación doutros semellantes.
Vémolo Nós quere tamén dar a coñecer a historia da USC a través de personaxes e fitos que deixaron pegada na traxectoria, asà como conseguir que se amose a utilidade do galego na futura vida laboral das persoas universitarias.
Premios
O concurso premia con 1.500 e 300 euros os dous mellores traballos elaborados por membros da comunidade da USC en cada unha destas categorÃas: Divulgación do coñecemento, Descubrindo a USC e Protagonista: o galego. A entrega de premios desenvolverase nun acto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no outono de 2025.
