Vencello nace como unha nova rede de blogues en galego

mércores, 24 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Conscientes da transición que está a ter lugar das publicacións en papel ás electrónicas e da adaptación progresiva do galego á Internet e o mundo tecnolóxico, un grupo de bitácoras de Internet decidiron xuntarse para facer forza como o que aseguran que é a «primeira rede de blogues temáticos en galego» que busca ser referente na Rede, onde os blogues poden considerarse como «un refuxio de tranquilidade onde a información detallada, as opinións e os argumentos teñen o seu espazo», permitindo fuxir das plataformas sociais que dominan a Internet na actualidade.
Este novo grupo responde ao nome de Vencello, e está aberto a novas adhesións, estando formado actualmente polos blogues Cinema Friki, Galiloxía, A Mac-eira, Mallando na e-ira, Mallando no Android, Mallando na BlackBerry, A Malla das Telecos, O Esparavel de Mallando e Memoria Pixelada.

PUBLICIDADE