Vergatario: o móbil venezolano que se estreará en maio
venres, 27 de febreiro do 2009
Grazas ao financiamento do
Fondo Chino-Venezolano, que achegou 19,5 millóns de dólares, comezará a
ensamblarse en Venezuela un teléfono móbil de deseño chinés que se coñecerá
comercialmente coma Vergatario, do
que se prevé a produción de 600.000 terminais ao ano para chegar en 2010 ao seu
primeiro millón.
O Vergatario é un terminal CDMA, cunha
cámara bastante básica, xogos, cronómetro, SMS, radio FM, MP4 e animacións que o
propio presidente Chávez define coma «cómodo,
pequeno, livián, resistente, somerxible e blindado», o que
podemos tomar como unha esaxeración innecesaria, pois está claro que o móbil
pretende simplemente evitar
a importación de terminais ocupando ata o 28% do mercado da telefonÃa móbil
(porcentaxe
anunciada pola ministra venezolana de Telecomunicacións e Informática,
e que parece bastante arbitraria se temos en conta que o número de móbiles
importados ao ano supera os 7 millóns de unidades), sendo un dispositivo que
non destaca polas súas prestacións técnicas nin deseño.
O novo móbil chegará ao mercado venezolano o 10 de maio, aÃnda que tamén
agardan vendelo nos paÃses veciños.
Chávez presentando en sociedade o novo Vergatario