ViaGalicia selecciona 38 iniciativas empresariais para participar na súa oitava edición
venres, 21 de febreiro do 2025
ViaGalicia, programa promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é promover proxectos innovadores e invertÃbeis, aos que se axuda na validación das súas propostas, posta en marcha, financiamento e maduración chega este ano a súa oitava edición.
Desta volta, 38 iniciativas empresariais foron elixidas pola súa innovación, invertibilidade, acelerabilidade e relevancia para participaren nas seguintes fases do programa, até a selección das
15 startups que, finalmente, serán as que participen na Aceleración da 8ª edición de ViaGalicia.
Neste primeiro proceso foron analizadas polo Comité Técnico 108 propostas, entre as que salientaron os proxectos relacionados coas TecnoloxÃas da Información e Comunicación (TIC), máis dun 22% do total, seguido das propostas sobre Agroalimentación e Pesca (11%), e Cultura e Lecer (10%). Subliñar tamén as iniciativas vinculadas a servizos a empresas (10 %) e Turismo e HostalarÃa (8%).
ViaGalicia, a xeito de aceleradora transversal, segue contando nesta edición con ideas de negocio que abranguen moi diversos sectores, como saúde e medicamento, enerxÃa e recursos naturais ou téxtil e moda, cunha representación dun 15% sobre o total de proxectos presentados, e algúns máis especializados como Automoción, Aeroespacial ou Comunicacións, cun 6% de representación total.
A aceleradora volve acoller proxectos innovadores e aliñados coas tendencias actuais, como a sostibilidade ambiental ou a implantación da Intelixencia Artificial. Neste último caso, as propostas van dende o uso da IA para a mellora de software, até usos máis cotiáns como o coidado de maiores ou a mellora da experiencia de usuario nos marketplaces. No agroalimentario, hai proxectos de desenvolvemento de novos produtos ou a mellora da trazabilidade dos alimentos, encamiñados a mellorar a nosa saúde e a do planeta. Por último, o sector do turismo e hostalarÃa conta cunha numerosa representación de iniciativas que apostan pola IA e o TIC como xeito de mellorar a xestión de establecementos.
Chegados a este punto, os e as promotoras destas 38 iniciativas participarán nunha intensiva xornada (Startup Day), da que sairá unha nova selección de proxectos, que permitirá analizar polo miúdo a experiencia e composición dos seus equipos, avaliar habilidades e competencias, composición e capacidade de conducir estes proxectos ao éxito e verificar o seu compromiso, solidez e capacidade para desenvolvelos.
As propostas que saian elixidas do Startup Day afrontarán despois dúas novas fases de selección: a da Academia e o Demo Day. De aà sairán as 15 iniciativas finais que participarán nesta VIII Edición de ViaGalicia que conta cun orzamento de 2,25 millóns de euros, destinados á formación, asesoramento, mentoring e financiamento dos proxectos deste programa de aceleración.
Para rematar, sinalar que dende a súa creación até esta oitava edición, ViaGalicia apoiou a 230 proxectos empresariais e acelerou a 92 novas startups, que recibiron máis de 10 millóns de euros en financiamento directo.