VÃctor Salgado achega este martes 27 unha sesión formativa sobre IA e ciberseguridade
luns, 26 de maio do 2025
A Deputación de Pontevedra continúa este martes 27 de maio as accións formativas sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial dirixidas a profesionais das pemes e das administracións públicas. Trátase da segunda das tres accións previstas no marco do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal en colaboración con Gradiant, empresa adherida a CIBER.gal, e a institución provincial, entidade fundadora de CIBER.gal.
Esta sesión leva o tÃtulo Intelixencia Artificial e ciberseguridade: novos retos, novas regras, impartida polo experto en dereito dixital VÃctor Salgado, socio-director do bufete galego Pintos & Salgado. Terá unha duración dunha hora en formato telemático e o formulario de inscrición xa está habilitado no sitio web institucional.
Na sesión explicarase o auxe da Intelixencia Artificial e o seu impacto na ciberseguridade, analizaranse exemplos prácticos do uso da IA xenerativa e as súas implicacións en materia de seguridade (deepfakes, clonación de voz ou xeración de contido malicioso) e estudaranse os seus principais riscos (fraudes automatizados, vulneración da privacidade, manipulación da información ou suplantacións de identidade) asà como o novo Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Ademais daranse recomendacións, medidas preventivas e boas prácticas para o uso de ferramentas de IA.
A última sesión, prevista para xuño, consistirá nunha demostración práctica sobre cesión de ferramentas e servizos de ciberseguridade e tamén será en modalidade telemática. Previamente, a Deputación organizou o martes 20 unha sesión presencial impartida por Borja Pintos, responsable técnico de ciberseguridade industrial de Gradiant, na que se deron a coñecer as técnicas que empregan os ciberdelincuentes para manipular e atacar as persoas, con exemplos reais e consellos para evitar caer nas súas trampas.
