Videoconferencias máis realistas coa webcam Minoru 3D
venres, 17 de outubro do 2008
A creación de
vÃdeo en 3 dimensións poderá estar ao alcance dos usuarios domésticos grazas á webcam Minoru 3D, que combina dous
sensores que integran filtros de cor de xeito que permiten simular unha imaxe
binocular ao combinalo cunha sinxelas gafas de
cartón (as tÃpicas con filtros azuis e vermellos para os ollos).
A cámara mestura as imaxes captadas por cada lente nun único sinal de vÃdeo,
polo que para percibir nitidamente o que está a gravar resultan imprescindibles
as lentes de cores, pero conta coa vantaxe de que se pode empregar con
aplicacións de mensaxerÃa instantánea coma o Messenger de Microsoft, o Skype e
moitos outros para percibir as 3D a distancia.
Tamén se pode empregar esta cámara web para gravar contidos directamente en
YouTube ou para tomar imaxes en 3D (anaglifos) aÃnda que haberÃa que definir
moi ben os tipos de contidos que se capten deste xeito, pois nin as lentes
precisas para ver este tipo de material son de uso habitual, nin ten moito
sentido gravar tridimensionalmente contornos nos que a profundidade de campo
non engade valor.
Agárdase que a webcam Minoru 3D se comece a vender en decembro a un prezo
inferior aos 100 dólares.