Artigos desta sección
Anuncian un novo xogo de exercicio para a táboa de equilibrio da Wii
Tralo éxito de Wii Fit varios fabricantes de videoxogos pretenden subirse ao carro dos xogos para facer exercicio, e un dos títulos que chegarán nos vindeiros meses será Jillian Michaels’ Fitness Ultimatum 2009, que utilizará a táboa de equilibrio da Wii para a práctica de rutinas de exercicios, que combinará con consellos que axuden a manter a boa forma física (...)
Ler máisO xogo dos Happy Tree Friends chegará a vindeira semana para PC e Xbox 360
O xogo de SEGA, Happy Tree Friends: False Alarm, chegará para PC e Xbox 360 o vindeiro día 25 de xuño, confirmando o fabricante que a vindeira semana se poderá adquirir a través de Xbox Live Arcade, permitindo a interacción cos personaxes da popular serie de animación que tanto éxito conseguiu tanto na Internet coma nalgunhas canles de televisión. Happy Tree (...)
Ler máisR-Type Tactics chegará a Europa en setembro
Os afeccionados ao xogo de recreativas (e as súas versións para consola) R-Type poderán volver a experimentar a emoción deste videoxogo de naves con desprazamento lateral que é todo un referente do xénero (xunto coa saga de Gradius, tamén coñecida en Europa coma Némesis). A última entrega da saga chegara en 2003 para PlayStation 2 e agora con R-Type Tactics se (...)
Ler máisO GTA IV liderou as vendas de videoxogos no mes de maio
As vendas de videoxogos no mes de marzo foron bastante predicibles, tanto en España coma en EE.UU., de xeito que nos primeiros postos das listaxes de vendas quedaron moi ben situados os últimos éxitos da Nintendo Wii, mentres que o Grand Theft Auto IV lidera as vendas (aínda que curiosamente a versión máis vendida en España é a de PS3 e nos EE.UU. está mellor (...)
Ler máisNova entrega do Pro Cycling Manager con máis realismo e novos modos de xogo
Se xa de por si o Pro Cycling Manager non fose abondo atractivo e un dos máis salientables do mercado á hora de practicar ciclismo virtual, Friendware vén de mellorar o seu simulador máis popular para ofrecerlles ós seus seareiros a súa octava edición, con novos modos de xogo (Sprint, Keirin e Eliminación) e un realismo “máxico” apto para os xogadores máis (...)
Ler máisO videoxogo Limbo of the Lost plaxia os seus escenarios doutros títulos
Limbo of the Lost de Majestic Studios podería ser un xogo que pase á historia por ser o videoxogo con máis plaxios de escenarios, pois cando Eric Franck de GamePlasma denunciou que moitos dos lugares aparecidos no xogo mencionado estaban copiados directamente de The Elder Scrolls: Oblivion, outros xogadores se puxeron a escudriñar o título para atopar (...)
Ler máisA Wii contará cun xogo de dirección de orquestras
Os xogos tipo Guitar Hero van suavizarse drasticamente, e a Nintendo Wii contará en breve co xogo Virtual Maestro, que permite ao xogador dirixir a Orquestra Sinfónica de Londres. O novo xogo foi deseñado por 2 profesores norteamericanos, e en vez de deixarnos tocar os instrumentos coma nun Rock Band, consiste en dirixir aos músicos movendo o mando da Wii a (...)
Ler máisO Concello de Barcelona quere impedir a comercialización de The Wheelman
Monserrat Ballarín, concelleira de Educación de Barcelona, solicitará un informe xurídico para ver se pode emprender medidas legais para retirar do mercado o xogo violento The Wheelman, que transcorre nas rúas da cidade condal. O xogo de Midway que chegará ás tendas españolas no mes de setembro sitúanos en Barcelona encarnando a un axente encuberto, Milo Burik (...)
Ler máisMetal Gear Solid 4 chegará ás tendas pese á folga de transporte (nova actualizada)
Os seguidores da saga de Hideo Kojima, Metal Gear Solid, poden respirar tranquilos, e o Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots, o primeiro título da Kojima Productions para PlayStation 3, chegará sen problemas mañá ás tendas de videoxogos pese á folga do transporte, pois a antelación coa que se coñeceron as mobilizacións permitiron a Konami tomar medidas para (...)
Ler máisAstérix tamén adestrará mentes na DS
Parece que todos os meses aparecen xogos para Nintendo DS xogos que prometen axudar a manter o noso cerebro activo, e o vindeiro día 27 chegará a toda Europa un título desta categoría que conta co propio Astérix coma protagonista. Astérix Brain Trainer é un desenvolvemento de Little Worlds Studio que mete ao xogador na pel de Gudurix (quen aparecera en (...)
Ler máis0 | ... | 5400 | 5410 | 5420 | 5430 | 5440 | 5450 | 5460 | 5470 | 5480 | ... | 5920