Artigos desta sección
A Xbox 360 acada uns importantes resultados
Durante o Game Developers Conference se deron a coñecer os vindeiros lanzamentos que fará Microsoft no mundo das consolas de videoxogos nos vindeiros meses, destacando que para Xbox 360 sairá en exclusiva o xogo Gears of War 2, que pretenderá coller o relevo da súa anterior e exitosa primeira entrega. Pero os resultados da Xbox 360 foron aÃnda un anuncio (...)
Ler máisElectronic Arts quere mercar Take-Two
A compañÃa de videoxogos Electronic Arts anunciou este domingo o seu interese por comprar Take-Two Interactive, empresa responsable de polémicos xogos coma Grand Theft Auto, Manhunt ou Bully. EA ofertarÃa 26 dólares por cada acción de Take-Two (actualmente valoradas en 17,36 dólares) polo que sumarÃa un total de 2.000 millóns de dólares en efectivo. Con esta (...)
Ler máisA consola virtual da Wii incorpora xogos de Commodore 64
A consola Nintendo Wii permite na súa consola virtual redescubrir a xogos de vellas plataformas como as antigas consolas domésticas de Nintendo (NES, SNES e N64), a Sega Megadrive, a PC Engine ou as máquinas recreativas baseadas en Neo-Geo, e agora incorpora a esta oferta de xogos ó ordenador de 8 bits Commodore C64. Os primeiros tÃtulos de C64 que chegan á (...)
Ler máisNinja Gaiden 2 sairá en xuño para Xbox 360
Durante unha presentación na Games Developer Conference, Tomonobu Itagaki de Tecmo anunciou que o xogo Ninja Gaiden 2 sairá o vindeiro 3 de xuño nos EE.UU., pasando a distribuirse no resto do mundo durante o mesmo mes. Os xogadores de Xbox 360 poderán gozar deste excelente xogo, do que Itagaki amosou distintas imaxes e adiantou a caracterÃstica Ninja (...)
Ler máisSuper Smash Bros. Brawl chegará a Europa en xuño
O xogo Super Smash Bros. Brawl, que tanto éxito está a ter no Xapón, farase agardar bastante en Europa, e non sairá ata o vindeiro 6 de xuño, cando se agarda que, cando menos, se comece a vender en Francia. A nova entrega de Mario é xa o primeiro xogo en superar o millón de copias no Xapón e está a converterse nun dos videoxogos máis agardados dos últimos anos, (...)
Ler máisO novo Alone in the Dark permitirá saltar os momentos máis difÃciles
Nour Polloni, produtor do xogo Alone in the Dark 5, declarou nunha entrevista á revista oficial de Xbox 360 que entre outros logros, o novo tÃtulo incluirá «a posibilidade de saltar seccións, utilizando un menú ó estilo dos dos DVD» de xeito que os usuarios poderán evitar quedar atascados nunha escena moi difÃcil, o que permitirá que calquera xogador poida (...)
Ler máisO Wii Fit chegará a España en abril
Nintendo anunciou que o xogo Wii Fit e a Balance Board (ou Táboa de Equilibrio) chegarán a Europa o vindeiro 25 de abril, mentres que nos EE.UU. deberán agardar ó 19 de maio.
Ler máisEste verán sairá o King of Fighters XII
Este mes SNK Playmore e Taito presentaron durante a feira AOU 2008 o que será o vindeiro King of Fighters XII, de xeito que os afeccionados nipóns ós xogos de loita que arrasaron nos salóns recreativos grazas á plataforma Neo-Geo puideron ver cómo será o que prometer ser un excelente xogo de loita en dúas dimensións, destacando por presentar uns personaxes (...)
Ler máisPublican na web un xogo Anti-Pacman
Sugar Free Games (xogos sen azucre) ofrece na súa web distintos videoxogos de balde en formato Flash, de xeito que se poden empregar sen instalalos no ordenador, directamente no navegador de Internet, que nos deixa impresionados revisando o popular e icónico Pac-Man, invertendo o noso papel, de xeito que en vez de encarnar ó comecocos, nos permite manexar (...)
Ler máisGuitar Hero: Aerosmith anunciado para o mes de xuño
A saga de videoxogos Guitar Hero chegará á súa 5ª entrega da man do grupo musical integrado por Steve Tyler, Joe Perry, Brad Whitford, Tom Hamilton e Joey Kramer, que terán asà o seu propio videoxogo dentro deste xénero musical que permite que os seguidores dunha das bandas de rock máis importantes dos EE.UU. repasen os seus grandes éxitos. Guitar Hero: (...)
Ler máis0 | ... | 6240 | 6250 | 6260 | 6270 | 6280 | 6290 | 6300 | 6310 | 6320 | ... | 6620