ViewSonic estrea un monitor táctil con Android integrado
martes, 11 de setembro do 2012- O monitor inclúe webcam para realizar videoconferencias
ViewSonic
vai pór á venda nos EE.UU. o mes que vén a 399 dólares o seu monitor táctil VSD220,
que con 22 polgadas e unha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles destaca por
integrar Android 4.0, procesador ARM Cortex-A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de
RAM, 8 Gb de almacenamento interno, micro HDMI, 3 portos USB, lector de
tarxetas SD, Ethernet, toma de auriculares, webcam de 1,2 MpÃxeles para
videconferencia, Wi-Fi e Bluetooth, de xeito que podemos empregalo para tarefas
como navegar pola web ou reproducir multimedia, asà como para empregalo como
monitor do noso ordenador ou da nosa consola de videoxogos.
Este monitor pode resultar atractivo para acceder a escritorios e aplicacións
remotas (por exemplo, en servidores Citrix), de xeito que teriamos un atractivo
cliente lixeiro para centros de ensino e empresas, que para operar como un PC
ordinario só precisarÃa dun rato e dun teclado.
- O monitor de ViewSonic ten unha pantalla de 22 polgadas, das que só só 21,5 polgadas son visibles