Vigo forma este verán á cidadanía en Internet e ofimática

luns, 15 de xullo do 2019 Redacción

Xullo e agosto tamén son meses para adestrarnos tecnoloxicamente, tanto por motivos de lecer como por optimizar o noso currículo e a nosa empregabilidade. O Concello de Vigo, a través do Servizo de Participación Cidadá, vai achegar este verán formación sobre novas tecnoloxías na aula de formación TIC do Auditorio Mar de Vigo.
Trátase de dous obradoiros destinados a introducirnos noutros tantos piares básicos do ámbito informático: por unha banda un obradoiro sobre ofimática básica (procesadores de texto) e, pola outra, un obradoiro sobre Internet e sobre como empregar o correo electrónico.
O primeiro, o de ofimática básica, celébrase os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de xullo e 1 de agosto. Serán 25 horas de formación, en horario de 10.00 a 13.00 horas (entre o 22 e o 24) e de 10.00 a 14.00 horas (do 29 de xullo ao 1 de agosto).
Polo que respecta ao curso sobre Internet e correo electrónico, desenvolverase os días 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28, 29 de agosto e 2 e 3 de setembro. Serán 50 horas de formación. Respecto do horario, será todos os días de 10 a 13 horas agás a última xornada, a do 3 de setembro, que será de 10 a 14 horas.
O requirimento fundamental para participar nestes cursos será estarmos empadroados en Vigo.

PUBLICIDADE