Vilagarcía acollerá un campamento dixital gratuíto para vilagarciáns de 11 a 13 anos

xoves, 3 de xullo do 2025 S. P.

O Centro de Formación de Matosinhos, en Vilagarcía de Arousa, vai acoller este verán un campamento dixital gratuíto para rapazada de idades comprendidas entre os 11 e os 13 anos. As familias interesadas poderán facer a inscrición a partir do venres a través do Rexistro Xeral do Concello.
A actividade, que vai do 28 de xullo ao 8 de agosto, terá horario de mañá (10:00 -13:00). Nela os nenos aprenderán sobre ciberseguridade e creatividade en liña. O campamento ten 20 prazas que se cubrirán por orden de entrada de solicitudes.
Este programa formativo realizase en convenio coa Fundación Cibervoluntarios dentro do marco de CODI, Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, financiado polos fondos Next Generation EU, no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Infancia e Xuventude.
Poderán participar os menores nados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2013 (ambos incluídos) que estean empadroados no concello. O programa inclúe actividades que abordan o uso seguro e responsable de Internet e redes sociais; a creatividade dixital; a privacidade e a ciberseguridade; as competencias básicas e avanzadas; as normas de comportamento en liña; as claves para saber filtrar, gardar e compartir contido; e a detección e prevención do ciberacoso.
Ao remate, os participantes recibirán un certificado DigComp acreditando a competencias adquiridas.