Vinícius será a cara do EA Sports FC Mobile

xoves, 10 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Non só o FIFA 24 vai responder ao nome de EA Sports FC 24, senón que tamén a versión móbil do xogo de fútbol experimentará o cambio de marca, e estes días confirmouse que o 26 de setembro verá a luz EA Sports FC Mobile contando como reclamo a imaxe do xogador do Real Madrid e da selección brasileira Vinícius Júnior.
O xogo, que estará dispoñible na App Store e na Play Store, promete unha completa experiencia futbolística, con máis de 18 mil xogadores de máis de 500 equipos de máis de 25 ligas, contando coa exclusividade para móbiles da UEFA Champions League, a UEFA Europa League, a UEFA Europa Conference League, a Bundesliga e LaLiga EA Sports.
Os xogos de fútbol para móbiles de EA Sports contan cunha base de máis dun cento de millóns de xogadores activos, que baixo a fórmula do free-to-play con compras dentro da aplicación conseguen xerar grandes ingresos económicos.
A partir do vindeiro 24 de agosto desvelarán novas características deste prometedor xogo para móbiles.

Tráiler de presentación do EA Sports FC Mobile

PUBLICIDADE