Virgin Telco superou os 58.000 clientes nos seus primeiros seis meses de andaina

xoves, 19 de novembro do 2020 Fernando Sarasketa

O Grupo Euskaltel, do que forma parte a operadora galega R, vén de facer balance dos froitos acadados pola nova marca Virgin Telco ao longo do seu medio ano de andaina no territorio estatal (fóra dos ámbitos que até o agora lle eran propios a Euskaltel: o galego, o vasco e o asturiano). Segundo fixo saber o grupo, a marca cumpriu 6 meses de vida con máis de 58.000 clientes. Neste período, conseguiu superar nun 23 % o obxectivo de usuarios fixos para final de ano.
Ademais, a compañía foi quen de cubrir case 21,5 millóns de fogares en todo o territorio nacional, “un gran despregue que foi posíbel grazas a importantes acordos con compañías do sector, como Telefónica, Orange e Adamo”, explicou Euskaltel, engadindo que o éxito debeuse sobre todo “a unha oferta flexíbel e unha nova filosofía centrada 100 % no cliente”.
Dos 58.000 clientes que apostaron por Virgin Telco dende o pasado 20 de maio, 43.000 son usuarios de servizos fixos e preto de 15.000, de móbiles.

PUBLICIDADE