Virtua Tennis 4 sairá a finais de abril

venres, 25 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Carátula española do xogo para PS3

SEGA vén de anunciar que o vindeiro 29 de abril chegará ás tendas europeas o videoxogo Virtua Tennis 4 nas súas versións para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii. Este novo xogo deportivo permitirá encarnar a grandes estrelas do tenis coma Rafa Nadal, Roger Federer, Andy Murray, Juan Martín del Porto e Caroline Wozniacki, transmitindo a emoción e a tensión propia dos encontros desta dura práctica deportiva.
Entre as distintas versións desta nova entrega dunha das franquías deportivas máis respectadas destaca especialmente a de PlayStation 3, pois permitirá o seu uso co sistema de control PlayStation Move e tamén será compatible coa tecnoloxía 3D de Sony, no que promete ser o Virtua Tennis máis completo e coidado da historia da saga.

Virtua Tennis 4 contará coas principais estrelas do tenis mundial

PUBLICIDADE