Visa proba a realización de pagamentos a través de lentes de sol

mércores, 15 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Durante a celebración do festival South by Southwest (SXSW) presentouse un curioso concepto bastante rechamante, xa que a xente de Visa, querendo ofrecer cada vez máis posibilidade de pagamento, amosou un lentes de sol que integran NFC para facilitar aboar as nosas compras en terminais contactless. De feito, tamén suxiren o uso de aneis para a realización deste tipo de pagamentos, de xeito que non debería sorprendernos que nos vindeiros meses vaiamos ver numerosos obxectos aos que incorporen esta tecnoloxía para que o mercado sexa o que decida os factores de forma que resulten máis prácticos.
Dado que os chips NFC son de pequeno tamaño, xa non só poderá aproveitarse esta tecnoloxía por parte de posuidores de smartphones de alta gama, senón que os pagamentos contactless poderán ir máis aló das tarxetas bancarias e integrarse en obxectos cotiáns como reacción á boa resposta que hai nalgúns mercados ante a posibilidade de poder aboar a compra, por exemplo, empregando un Apple Watch.
Polo momento Visa está a probar as súas lentes de sol con NFC en Australia, e non teñen intención de levar o programa piloto a outros mercados, xa que entenden que trátase de simplemente un experimento que permitirá albiscar o que está por chegar.

PUBLICIDADE