Vitae Consultores axúdanos a acadar a máxima claridade nos nosos programas
martes, 14 de novembro do 2017
Programar
non é só desenvolver ferramentas informáticas, é apostar pola
pola clareza e polo sinxelo á hora de escoller os elementos que
conforman o miolo desas ferramentas. En certa maneira, é unha tarefa
moi semellante á que pode levar a cabo un educador ou un xornalista:
unha loita constante para arredar do camiño aquilo que se poida
interpretar de diferentes maneiras. Afianzarnos nas técnicas máis
avanzadas que nos axuden a apartar o ambiguo da noso labor de
programación é un dos grandes obxectivos do curso Clean
Code: crear e refacer aplicacións limpas (PDF), que organiza
Vitae na Coruña no mes de decembro, os días 11 e 12 no Hotel Attica
21.
Con
este obradoiro, a consultora quere tamén facernos lembrar a seguinte
mensaxe: “Escribir programas para ser lidos, entendidos e
mellorados é unha arte difícil e unha obriga ineludíbel”.
Asemade, representa unha ciencia que se pode aprender e practicar.
Polo tanto, é só que sexa importante que un programador pense nos
seus lectores, explican dende Vitae, “é que é fundamental, sobre
todo porque en moitas ocasións imos ser nós mesmos eses lectores”.
O
curso, polo tanto, familiarizaranos coas técnicas de código limpo e
no rendemento que lles podes tirar á hora de escribir programas
sinxelos de entender, que achegan valor e que teñen capacidade de
evolucionar.
Os
obxectivos desta actividade formativa son os seguintes: desenvolver
aplicacións doadas de manter, reducir a cantidade de erros e
facilitar a súa detección e distinguir as boas e as malas prácticas
de programación.
O
curso está dirixido principalmente a programadores con experiencia
nalgunha linguaxe. Terá unha duración de dez horas e desenvolverase
baixo un enfoque eminentemente práctico.
O
formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática
con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de
proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día
de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae
Consultores. Entre as empresas e organismos que ten asesorado ou
formado atópanse Tecnocom, ABANCA, Softek, GADISA, Inditex, Optare,
Altia, Gradiant ou SIVSA.