Vitae bríndanos en maio a edición 14 do seu curso de modelado e análise con Power BI
martes, 2 de abril do 2024
Vitae Consultores organiza esta primavera a edición número 14 do seu curso Microsoft Power BI: Modelado e Análise de Datos. Terá 30 horas de duración e estenderase ao longo dos días 6, 7, 13, 15, 21, 22, 24, 29 e 31 de maio. Será válido para obter a Certificación PL-300. O curso incluirá unha sólida formación teórica xa que, como sinala Vitae, esta vertente formativa é “clave para desenvolvedores habilidades co manexo da aplicación Power BI”. Complementarase con exercicios que poñan en práctica os coñecementos previamente adquiridos.
Esta actividade formativa ten o obxectivo de capacitar aos asistentes no manexo integral dun dos recursos máis destacados e populares dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios: Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendíbel que pode ser compartida en eficaces ferramentas de visualización e colaboración.
Vitae explica que o programa do curso segue o itinerario formativo recomendado por Microsoft para garantir a calidade dos contidos impartidos e para capacitar aos asistentes no uso de Power BI.
Ademais, este curso capacita para preparar aos alumnos que de maneira opcional desexen presentarse ao exame oficial de certificación Power BI de Microsoft.
Este curso está dirixido a todas as persoas interesadas en aprender o manexo de Microsoft Power BI, analistas de datos, de negocios e persoas que queiran entrar na industria da analítica e que teñan experiencia previa no uso doutras ferramentas de informes, como as táboas dinámicas de Microsoft Excel, desexen ou non certificarse. Ademais, tamén está dirixido a quen de maneira opcional desexen realizar o exame de certificación Microsoft PL-300 de Power BI.
O curso desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
Será impartido por Alejandro Ayala, formador e consultor de Power BI, con longa experiencia nesta ferramenta e en achegar recursos formativos sobre a mesma (dende hai máis de 5 anos). Alejandro está recoñecido como Microsoft Certified: Data Analyst Associate, Lean SixSgmaGreen Belty e máster en Business Intelligence e en Loxística Integral. Experto en Microsoft Power BI, Certificado MVP de Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España, ademais impartiu formación a diversas empresas tanto a nivel nacional como internacional. É co-organizador da comunidade Power BI de Barcelona con máis de 1.400 membros e que organizan eventos e relatorios de prestixio nacional e internacional.