Vitae fai balance do curso académico
mércores, 5 de xullo do 2023
Remata o ano académico de Vitae e toca facer balance neste punto de inflexión, para o que conversamos con Ana Carbonell, consultora de Organización, Comunicación e Recursos Humanos, e responsable da Área de Comunicación da compañía.
- Fálanos dalgúns dos logros da consultora en materia de actividade
formativa, por exemplo a cantos profesionais chegastes cos vosos cursos ou
cantas persoas foron entrevistadas en procesos de selección.
- Nos nosos 17
anos de vida empresarial temos formado a 32.000 profesionais, e entrevistado
para procesos de selección a máis de 14.000, cifras das que nos sentimos moi
orgullosos.
Somos a única
consultora en Galicia en impartir cursos de Selección Avanzada de Perfiles TI
levando xa 19 edicións impartidas; ademais, somos líderes en varias áreas
formativas como as Metodoloxías Áxiles, contando o noso Curso en Aberto de
Dirección e Xestión de Proxectos TI Áxiles con SCRUM con 46 edicións
celebradas dende 2009 coa 47ª en camiño este seguinte trimestre.
- Houbo algún cambio substancial para a vosa actividade dende que se
impuxo, en parte pola pandemia, a modalidade de formación online en Vitae
Consultores a través da súa aula virtual?
- Debido ao
cambio no mercado da formación propiciado pola pandemia, recibimos máis
oportunidades no ámbito nacional e incluso internacional, pero ao mesmo tempo
xurde más competencia xa que non nos limitamos á área xeográfica galega senón que
competimos con empresas de, literalmente, todo o mundo.
Isto suponnos
un reto que xa víamos vir e para o cal preparámonos con antelación, ao mesmo
tempo que nos permite a expansión da nosa carteira de clientes fóra de Galicia.
Por outro
lado, en selección xa tiñamos coñecemento e ferramentas para continuar coas
nosas actividades ao mesmo nivel que antes da pandemia devido a que a nosa
metodoloxía xa era 100% virtual. Tampouco nos afectou a nivel organizativo
interno xa que levamos apostando polo teletraballo case dúas décadas.
- A que tipo de empresas dades servizo? Empresas pequenas, medianas ou de
gran envergadura? De que tipo de sector? Apreciades algún cambio de rumbo nos
últimos tempos neste sentido?
- Damos
servizo a unha grande variedade de empresas, dende PYMEs e Startups cuns
poucos empregados ata empresas de gran envergadura e presencia internacional
con ata 600.000 traballadores. Moitas destas empresas levan máis de 10 anos
colaborando connosco, o que pon de manifesto unha gran confianza e satisfacción
con Vitae.
Os principais
Sectores nos que nos movemos son o Sector TI, de RRHH e Tecnolóxico, pero tamén
beneficiamos a outros sectores como a Automoción ou o Téxtil xa que os nosos
cursos non se limitan á área técnica, senón que ofrecemos formación de
habilidades persoais e directivas ademais de organizativas.
Hai que
comentar que ultimamente detectamos un gran cambio debido á transformación
dixital. Cada vez máis, os postos de traballo en calquera sector estanse
tecnificando. Isto é, necesítanse máis coñecementos TI para postos de traballo
que non son puramente do Sector TI. Gracias a isto estamos percibindo unha
maior demanda de cursos para perfiles non TI en áreas como Análise e Tratamento
de Datos e de ferramentas de Comunicación e Ofimática Avanzada tanto en local
como na nube.
- Nun artigo recente os medios especializados puxeron o foco no voso
carácter pioneiro en procesos online e de teletraballo. É Vitae unha consultora
adiantada ao seu tempo neste ámbito? Por que credes que é así?
- Por suposto,
xa que Vitae foi a primeira Consultora que comezou a realizar procesos de
selección a distancia sen entrevistas presenciais, só con videochamadas e
chamadas telefónicas no 2007 cando era un método moi pouco habitual en empresas
españolas, inspirándonos nas prácticas de grandes empresas multinacionais
americanas que xa utilizaban estas metodoloxías nos seus procesos de selección.
Ademais, Vitae
comezou a implantar o teletraballo a xornada completa e a metodoloxía de
traballo 100% virtual na empresa tamén no 2007, case 20 anos antes da
revolución que supoñería a pandemia. Iso deunos o saber facer e a preparación
suficiente para facer fronte á crise que aveciñouse no seu momento. Nisto,
considerámonos pioneiros dentro da área de RRHH.
- Seguimos co balance. Fálanos dos froitos colleitados por Vitae este ano.
Que poderíamos destacar?
- Seguimos
sendo líderes e referentes en Galicia en formación especializada para o Sector
TI e en Selección de Perfiles de alto nivel, sobre todo Directivos TI e
Xestores de Proxectos TI.
Este ano en Vitae ampliamos o noso equipo de formadores para enfrontarnos
aos novos retos que afrontan os nosos clientes este 2023, e centrámonos nas
áreas formativas de xestión de equipos e habilidades persoais con cursos sobre
Liderado e Xestión de Equipos en Proxectos TI Áxiles, Resolución de Conflitos e
Habilidades de Comunicación para Equipos TI.
Destacamos a
gran acollida que tivo a Formación en Aberto de People Analytics, un
curso sobre un reto constante das empresas actuais como son as prácticas de
retención do talento na empresa. Este curso tivo unha gran demanda,
interesándose nel as empresas máis importantes e coñecidas de Galicia ademais
de multinacionais tanto españolas como estranxeiras, chegando a ter lista de
espera nesta primeira edición o que levou a programar unha segunda xa a
principios de este próximo trimestre.
Outros temas que paga a pena destacar pola súa gran demanda son o sistema
de Microsoft 365, incluída a novidosa funcionalidade con IA na que varias
empresas estanse interesando. Seguindo coa IA, este ano comezamos a impartir
cursos de IA para desenvolvedores con ferramentas como Chat GPT e Copilot,
entre outras. A IA vén pisando forte e en Vitae sumámonos a esta tendencia á
alza.
Por último,
mencionar que ampliamos o equipo de traballadores de Vitae co meu posto como
Consultora de Comunicación, Organización e RRHH. Ocúpome principalmente da área
de Comunicación tanto interna como externa, ademais de apoiar e colaborar na
organización das diversas ramas de Formación, Consultaría e RRHH.
- Agora podemos falar un pouco de futuro e de plans e proxectos. Que ten
preparado a consultora para o seguinte trimestre e o vindeiro ano académico?
Algunha novidade en materia de redes sociais? Algunha actividade formativa
nova?
En materia de
Formación, Vitae ten tres áreas temáticas fundamentais: Habilidades Técnicas,
Habilidades de Xestión de Proxectos, e Habilidades Persoais e Directivas.
Na área
Técnica, para este seguinte Trimestre centrarémonos en ferramentas para xerar
Software e Sistemas de maior calidade e maior seguridade coas nosas formacións
en GIT para a Xestión do Código Compartido, en Testing de Código co noso
curso xa veterano que permite obter a Certificación ISTQB, e en materia de
Ciberseguridade co noso curso en Desenvolvemento Seguro para Ciberataques, o
cal foinos solicitado por unha importante empresa do Sector da Alimentación con
moi boas valoracións xa que lles foi de gran utilidade para mellorar a súa
Ciberseguridade.
Na área de Xestión de Proxectos, daremos protagonismo á axilidade en dous
aspectos: o primeiro é a Estimación de Recursos e Traballo en Proxectos Áxiles,
e o segundo é o Escalado da Axilidade dentro de grandes empresas.
Na área de Habilidades Persoais e Directivas poñeremos o foco na creación e
retención do talento na empresa cos nosos cursos de Realización de Entrevistas
de Selección por Competencias e de People Analytics na súa altamente
esperada segunda edición, e na Xestión e Liderado de Equipos cos nosos cursos
de Habilidades de Comunicación para Equipos TI, de Liderado e Xestión de
Equipos, e de Resolución de Conflitos.
E por último,
en materia de Redes Sociais, estamos traballando en solidificar a nosa imaxe de
marca e en expandirnos a Twitter e Instagram. Na bandexa de saída
temos publicacións variadas que destaquen non só os nosos servicios, senón
tamén información útil para o noso público obxectivo dende conceptos técnicos a
habilidades persoais e trucos para mellorar a súa busca de emprego. Véñense
cousas moi interesantes que esperemos nos fagan chegar a máis xente para que se
poidan beneficiar dos nosos servizos.
- Que papel credes que desempeña Vitae na
transformación e na excelencia do noso sector tecnolóxico e innovador?
- En Vitae sempre nos sentimos orgullosos do noso carácter pioneiro: fomos
os primeiros en impartir formacións de Power BI, Big Data,
Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques e Testing de Código con
Certificación ISTQB en Galicia, ademais de promove-la saúde mental e emocional
en empresas con cursos de Psicoloxía Cognitiva e Contextual para xestiona-las
emocións e o estrés no traballo.
Remarcamos os
nosos anos de experiencia, a nosa constante evolución e adaptación ao mercado,
e que contamos cun gran equipo de formadores e contactos. Cabe destacar non só
a calidade dos nosos cursos, senón tamén a nosa experiencia en procesos de
selección – levamos máis de 15 anos axudando tanto a persoas a desenvolver as
súas carreiras profesionais como a empresas a encontrar talento de calidade
adecuado as súas necesidades.
Gracias á nosa
gran experiencia e estándares de calidade, levamos e seguiremos levando a cabo
con moi bos resultados a nosa principal misión: axudar ás empresas a mellorar a
calidade e seguridade dos seus software e sistemas, ademais da xestión dos seus
proxectos e equipos.