Vitae introdúcenos nas vantaxes da metodoloxía DISC para impulsar o talento dos nosos equipos
mércores, 21 de xuño do 2017
A
consultora galega Vitae vai impartir na Coruña un máis que
interesante seminario para introducirnos no emprego profesional das
avaliacións DISC. O Curso
Certificación Experto en DISC e Analista Conductual DISC (formato
PDF) axudaranos a “tirar proveito do sistema máis efectivo
para comunicar, ensinar, liderar ou motivar”. Segundo explica
Vitae, a metodoloxía DISC é un sistema de recursos moi acaído para
o desenvolvemento e a valoración do talento humano da nosa empresa
e, en última instancia, para levar a bo porto todo tipo de proxectos
e operacións. O curso abrangue 16 horas de formación a impartir na
Coruña (Hotel Attica 21) os días 3 e 4 de xullo.
A
dita metodoloxía estuda catro factores de comportamento: como
respondermos a desafíos e retos, como interrrelacionar cos demais e
influír neles, como responder aos cambios e ao ritmo da contorna e
como respondermos ás regras e procedementos.
A
respecto de todo o devandito, Vitae explica que os estilos de
comportamento que nos ensina o sistema DISC non son positivos ou
negativos: “Temos certo nivel de cada un dos estilos na nosa
personalidade, é cuestión de coñecernos e saber cal predomina máis
no noso comportamento”. A metodoloxía DISC tamén nos ensina como
ter a máxima información útil sobre este eido e como sacarlle
proveito.
No
curso de Vitae inclúese a opción de certificación experto e
analista conductual en DISC polo organismo oficial internacional
INTERDISC, que é unha
organización sen arela de lucro que vela pola axeitada aplicación
da metodoloxía a nivel mundial.
Vitae
engade que esta actividade de formación está recomendada para todas
aquelas persoas que desexan mellorar as súas habilidades en
selección, avaliación, liderado e comunicación, amais de aplicar
unha ferramenta efectiva de diagnóstico para profesionais de
recursos humanos, adestradores, psicólogos, profesores, formadores,
consultores ou comerciais, entre outros moitos perfís.
A
profesional encargada de impartir os contidos será Ángeles Gris,
experta en formación en metodoloxías DISC e ferramentas de
diagnóstico. Ángeles é máster en adestramento no Instituto
HUNE da Universidade de Alcalá e certificada como analista
conductual DISC polo Instituto Internacional do DISC dende 2009.