Vitae ofrece en outubro un curso sobre comunicacións eficaces en liña con gamificación

martes, 5 de setembro do 2023 S. P.

Vitae Consultores vainos ofrecer en outubro un curso que pon o foco no universo gamer, nas súas metodoloxías, ferramentas e formatos, como recursos de primeira man para mellorar a comunicación en materia empresarial. Estamos a falar do curso Comunicacións e presentacións eficaces en liña con gamificación, que se celebra os días 9, 11 e 16 de outubro, e que vén con 9 horas de contido. Desenvolverase en formato de aula virtual en directo.
Esta formación sae ao paso dun debate que semella non darse resolvido: a conveniencia de apostar (ou non) por comunicacións, presentacións, reunións e formacións en liña e detrimento das presenciais. Nas discusións arredor deste tema faise fincapé, como non podía ser doutra maneira, nas vantaxes de cada un dos formatos. Por exemplo, valóranse a rapidez, o aforro de custos e de tempo, e sobre todo a comodidade, como os grandes “puntos fortes” do formato en liña, sen esquecer que a cambio perdemos a proximidade e o contacto humano físico que se traduce nunha perda da atención e interese dos asistentes. “Para evitar isto e mitigalo”, sinalan dende Vitae, “unha opción válida é gamificar as nosas comunicacións, presentacións ou formacións en liña”.
A gamificación
Segundo engade a consultora, a gamificación converte as nosas comunicacións profesionais en retos e obxectivos como os dun xogo, integrando elementos destes no noso día a día profesional con “resultados sorprendentes”. Trátase de que “o serio” sexa ademais “divertido” e “non aburrido”. E neste sentido moito máis eficiente, explica.
Neste curso desenvolveranse técnicas e habilidades para enriquecer as nosas comunicacións en liña, dotándoas do elemento máis necesario, a diversión, para captar o interese e a atención para obter o mellor das comunicacións presenciais nas nosas comunicacións en liña.
Obxectivos
-Recibir unha formación en gamificación e serious games para o formato en liña.
-Desmitificar. Axudar a entender o que si é a gamificación, aclarando o que non.
-Coñecer as vantaxes, aprender as bases e situar os casos relevantes da gamificación en experiencias online.
-Aclarar os problemas derivados das experiencias en liña e situar as vantaxes derivadas das experiencias en liña se se aplica a gamificación.
-Coñecer termos e ferramentas da disciplina como as dinámicas, mecánicas, elementos de xogo, así como tipos de sistemas de recompensa e puntuación e a súa aplicación en educación e eventos online.
-Entender a conexión coa motivación dos nosos/as participantes, a aprendizaxe constante de habilidades e os obxectivos educativos.
-Practicar o protocolo de gamificación e xogos serios nunha sesión con alto compoñente experiencial e de traballo en equipo aplicado a educación e eventos online e en relación coa lista de temas citados anteriormente.
A persoa encargada de impartir os contidos será Óscar García Panella, enxeñeiro superior en Electrónica. Doutor en Informática (Realidade Virtual). PostDoc en Tecnoloxía do Entretemento.
Profesional con máis de 25 anos de experiencia e experto consultor en Gamificación, estando moi interesado en temáticas como Xogos Aplicados, Deseño de Xogos, Realidade Virtual, Realidade Aumentada, Entretemento Baseado en Localización (LBE), Xogos de Realidade Alternativa (ARGs), Edutainment, Games for Health, Exergaming, Advergaming, Newsgaming, Entretemento Temático, etc.
Gozou de varias estandías nos Estados Unidos. Estas foron:
-IMSC (Integrated Media Systems Center) da University of Southern California (Los Ángeles, California, 1997-1998)
-VIS Lab da Henry Samueli School of Engineering, University of California at Irvine (Irvine, California, 2005)
-Entertainment Technology Center de Carnegie Mellon University (Pittsburgh, Pennsylvania, 2008-2009).
Actualmente é Socio de CookieBox onde desenvolve solucións gamificación para todo tipo de empresas. Algunhas das empresas coas que colaborou Óscar son HP, Digital Legends Entertainment, Roland, Telefonica I+D, Infojobs, The Saint Jude Hospital, KPMG, AGBAR, SEAT, Vueling, Lander, Accenture, Faurecia, etc….