Vitae organiza en novembro a edición 47 do seu histórico curso sobre xestión de proxectos áxiles con Scrum
martes, 3 de outubro do 2023
Entre
os recursos dos que podemos botar man para ser profesionais excelente
do ámbito tecnolóxico-informático atopamos, polas moitas vantaxes
que ofrece, as metodoloxías de traballo áxil coas técnicas Scrum.
Esta
é a temática dun dos cursos máis veteranos e prestixiosos da
consultora galega Vitae, que ofrece este mes de novembro a 47 edición
do Curso sobre Dirección e Xestión de Proxectos Áxiles con Scrum.
Terá 16 horas de duración e celebrarase en formato de aula virtual.
O
curso é unha actividade formativa que nos axudará a acadar a máxima
calidade nos nosos proxectos TIC, e, tamén, a garantir a máxima
satisfacción entre os nosos clientes e os usuarios dos nosos
produtos. Virá da man, unha vez máis, da formadora Josefina Alonso.
O curso, que achega a opción de Certificación Scrum Manager
Nivel Experto, celébrase online, na aula virtual de Vitae,
os días 6, 8, 10, 13, 15 e 17 de novembro de 2023.
Segundo
recalcan dende Vitae Consultores, estamos ante unha actividade
formativa de 16 horas que nos pon ao día nas metodoloxías coas que
aplicar modelos de tráballo áxiles, uns modelos que engaden
eficacia e rendibilidade e que, a maiores, permiten que establezamos
a meirande proximidade cos clientes do proxecto no que estamos a
traballar, sabendo o que precisan en todo intre, mesmo anticipándonos
ás súas demandas e acadando a mellor comunicación posíbel.
Vitae
engade que a orixe do obradoiro está, tamén, nas vantaxes de
anticiparnos ás nosas propias demandas. Ou sexa, nos beneficios de
preparar o camiño a percorrer para saber cara a onde dirixirnos en
canto se dea unha disxuntiva. Desta maneira nolo explica Vitae:
“Tendo en conta o moito que evoluciona o mercado e a necesidade das
empresas de adoptar medidas para satisfacer de maneira eficaz e
rápida as demandas do cliente, propoñemos este curso sobre o uso de
Scrum en proxectos e desenvolvemento de software”. Esta
metodoloxía, engaden dende Vitae, permitirá a implicación e
auto-organización de todo o equipo profesional dunha corporación
para fixar un punto de partida e definir o proceso de desenvolvemento
que se executará durante o proxecto.
Nun plano máis detallado
acerca do programa do curso, neste abordaranse as diferenzas entre as
devanditas metodoloxías áxiles e as súas vantaxes e inconvenientes
con respecto a metodoloxías pesadas como CMMI, PMI e ISO, “dando
unha perspectiva global aos asistentes para que adquiran os
coñecementos precisos para seleccionar a metodoloxía de dirección
segundo as necesidades de cada proxecto”.
A encargada de
impartir estes contidos será novamente Josefina Alonso Nocelo,
enxeñeira superior en Informática e na actualidade directora da
área de Operacións en DIHGIGAL HUB (Asociación para la
Transformación Digital de la Industria Gallega). Josefina Alonso,
ademais, posúe unha ampla experiencia nos eidos do desenvolvemento
de software e do asesoramento empresarial e a centros de I+D
(traballou para a Axencia Europea do Espazo, o CTAG, o CITIC,
Tecnocom, SIVSA, Seresco, Coremain ou Balidea, entre outras moitas
entidades).