Vivo presenta o seu smartphone encartable
luns, 11 de abril do 2022
O fabricante chinés Vivo vai competir con Samsung no
reducido mercado dos smartphones encartables co Vivo X Fold, un
dispositivo moi prometedor, cun formato moi semellante ao do Samsung Galaxy Z
Fold3, aÃnda que prometendo incluso unha maior resistencia da súa pantalla encartable
(capaz de soportar 300.000 encartes) e optando po un lector de impresións dixitais
en pantalla (cando os competidores optan por integralo no botón de acendido).
O Vivo X Fold ten unha pantalla OLED Full HD+ de 6,53 polgadas na súa parte
exterior, cunha relación de aspecto 21:9, mentres que a súa pantalla encartable
OLED ten unha diagonal de 8,03 polgadas, soportando ambas pantallas unha
velocidade de refresco de 120 Hz.
Este novo smartphone funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 1, a
súa baterÃa terá unha capacidade de 4.600 mAh con carga rápida de 66 watts por
cable (podendo asà cargarse completamente en 37 minutos) ou 50 watts sen fÃos (e
10 watts de carga inversa). A súa cámara traseira cuádrupla ten un sensor
principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 48 MpÃxeles, un
teleobxectivo 2x de 12 MpÃxeles e unha cámara periscópica 5x de 8 MpÃxeles. As
súas pantallas integran cámaras frontais de 16 MpÃxeles.
O Vivo X Fold venderase en China a un prezo de 8.999 iuans (1.299 euros) con 12
GB de RAM e 256 GB de almacenamento, existindo tamén un modelo con 512 GB de
almacenamento por 9.999 iuans (1.444 euros). Polo momento non hai plans de que
este smartphone vaia ter distribución global.