Vodafone España leva a 5G a 102 praias de Galicia este verán
mércores, 4 de xuño do 2025
A operadora de telecomunicacións Vodafone anunciou que vai levar a rede 5G a un total de 102 praias de Galicia este verán, para, en palabras da empresa “facer posible que os galegos e turistas poidan gozar da mellor conectividade”. Con esta ampliación, Vodafone quixo consolida a súa presenza nos enclaves costeiros máis destacados da Comunidade.
Este esforzo forma parte do plan de ampliación de cobertura que Vodafone está a levar a cabo en toda España durante o período estival e que chegará a case 1.500 praias en 10 comunidades autónomas.
A distribución das novas praias conectadas por provincias é a seguinte: A Coruña (50), Lugo (19) e Pontevedra (33). Esta despregadura, informou a operadora, “mostra o noso esforzo para atender a demanda de conectividade, mellorando a cobertura e a capacidade da nosa rede 5G ante o incremento do tráfico de datos no verán”.