Vodafone Pass permite gozar sen límite de redes sociais e música en streaming dende o móbil

luns, 3 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Hai uns meses Vodafone renovou as súas tarifas móbiles non só incrementando o seu volume de datos incluído de xeito considerable (por exemplo, as tarifas con 2 GB de datos pasaban a ter 6 GB de transferencia ao mes) senón que tamén chamaban a atención por incluír sen custo adicional o chamado Chat Zero, que supón que as comunicacións a través de aplicacións como WhatsApp ou Telegram non descontan datos da meirande parte das tarifas, e agora dan un paso semellante ao lanzar Vodafone Pass, un servizo de pagamento que permite deixar unha serie de plataformas en liña fóra da contabilidade dos datos consumidos cada mes, de xeito que os usuarios máis activos poden gozar de certos contidos en liña sen medo a esgotar o volume de datos contratado.
Concretamente Vodafone Pass chega en dúas modalidades: por unha banda temos Music Pass, que por 5 euros/mes permite un uso ilimitado de datos dende Spotify, Napster, Apple Music, Deezer e SoundCloud; e por outra temos Social Pass, que por 3 euros/mes ofrece acceso ilimitado a Facebook, Twitter, Instagram, Snapchat, Flickr, LinkedIn, Tinder e Tumblr.
Vodafone Pass é compatible para a meirande parte de tarifas do operador, deixando fóra só as máis económicas (como Mini Voz, +Líneas Mini XS ou +Líneas Vacaciones) aínda que no caso de +Lineas compartidas si será posible gozar do servizo de telo contratado a liña principal. Tamén cómpre destacar que este tipo de servizos teñen limitacións en itinerancia.

Anuncio televisivo de Vodafone Pass

PUBLICIDADE