Vodafone Smart II, un terminal económico con Android 2.3

luns, 18 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Os smartphones que se venden baixo a marca de Vodafone renóvanse, e agora temos dispoñible en España o novo Vodafone Smart II, terminal cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas, procesador a 800 MHz, 2 Gb de almacenamento na súa tarxeta SD, cámara de 3,2 Mpíxeles con flash LED, GPS, Bluetooth, Wi-Fi e sistema operativo Android 2.3 que inclúe 4 carcasas intercambiables coas que é posible personalizar o móbil dándolle ata 16 aparencias diferentes.
O Vodafone Smart II inclúe entre o seu software precargado as principais aplicacións de Google, as aplicacións das redes sociais máis populares, teclado SWYPE e aplicacións de Vodafone: VF Music (tenda con 5 millóns de cancións que ofrece as 10 primeiras descargas de balde), VF Tv (que facilita o acceso a distintas canles televisivas dende o móbil), VF Discover (para coñecer en tempo real información de consumo, promocións, contidos...) e Mi VF (para xestionar os servizos de Vodafone dende o móbil).
Os usuarios de Vodafone con tarxeta poden facerse con este móbil por 79 euros, mentres que os que veñan doutras compañía poden adquirilo por 99 euros, existindo tamén a opción de facerse co mesmo de sermos clientes de contrato (saíndo de balde de migrar de tarxeta a contrato).
Este terminal desenvolvido por Alcatel é unha interesante opción para quen desexe facerse cun smartphone e non desexe facer un alto investimento.


Vídeo promocional do Vodafone Smart II

PUBLICIDADE