Vodafone TV flexibiliza a súa oferta audiovisual
xoves, 4 de abril do 2019
AÃnda que nos últimos meses Vodafone promocionaba o seu paquete
Vodafone TV Total, coa meirande parte das súas canles televisivas de pagamento
incluÃdas, atendendo aos cambios do mercado aposta
agora por unha proposta de televisión máis flexible, para que os clientes
son contraten o que queren ver. Deste xeito, a partires do 14 de abril, o
servizo de Vodafone TV organiza os seus contidos en 5 paquetes temáticos: Pack
Seriefans, Pack Serielovers, Pack Cinefans, Pack Documentales e Pack Peques.
Vodafone aproveitou este anuncio para dar conta da incorporación de Starzplay en
Vodafone TV, fornecendo asà a súa oferta de cine e series.
O Pack Seriefans inclúe as series de HBO España, FOXNOW e AXN Now, e centos de
series máis baixo demanda por 10 euros/mes, incluÃndo tamén as canles TNT,
Calle 13, Comedy Central, Cosmo, SYFY, XTRM, FOX, FOX Life, AXN, AXN WHITE e
AMC; os clientes que queiran completar esta oferta con Starzplay e Movistar Series
teñen por 16 euros/mes o Pack Serielovers.
Para os seareiros do cine chega o Pack Cinefans, que custa 12 euros/mes, e inclúe
os clásicos de TCM e Somos, as novidades de Movistar Estrenos e o cine independente
de Filmin. Completa esta oferta con Dark e Canal Hollywood.
Por 8 euros/mes tamén podemos contratar o Pack Documentales, cos contidos de Historia,
Odisea, Discovery Channel, National Geographic+, National Geographic, National
Geographic Wild, Viajar, Crimen e Investigación, FunBox , Insight UHD, Blaze,
My Zen TV, Stingray Festival4K, Slow Channel 4K, Canal Cocina, Decasa, MTV, My
MTV, Sol Música, HIT TV e Fashion One.
E para o público infantil temos o Pack Peques, que por 5 euros/mes achega as
canles Disney Junior, Disney XD, Nickelodeon, Canal Panda, Nick Jr., My Nick
Jr. e Baby TV.
A estes paquetes súmaselle sen custo adicional as canles da TDT e as canles e
contidos baixo demanda de AMC, FOX Life, Cosmo, Comedy Central, XTRM, TCM,
Sundance TV, Disney XD, Eurosport 1, National Geographic Channel, National
Geographic+, Canal Cocina, Decasa, MTV, My MTV Music, Sol Música e HIT TV.
