Vodafone TV incorpora un servizo exclusivo especializado en terror: Planet Horror

xoves, 25 de xuño do 2020 Sonia Pena

Este xoves 25 de xuño a operadora Vodafone estreou na súa plataforma Vodafone TV a canle de contidos Planet Horror, que é, nas súas palabras, “o único servizo baixo demanda en España especializado en cinema fantástico e de terror”. Producido por AMC Networks e Wild Duck Productions, brinda moi boas novas para a comunidade de seareiros do xénero, cun relevante número de títulos clasificados en seccións, estreas semanais, filmes nunca antes proxectos en España, clásicos, cinema de culto e títulos premiados nos mellores festivais do xénero.
Os contidos de Planet Horror estarán situados na sección de Videoclub/Ver Agora e os clientes de Vodafone TV poderán acceder a eles por 2 euros ao mes. Ademais de no descodificador, toda a oferta deste novo servizo estará dispoñíbeis nos dispositivos compatíbeis (smartphones, tabletas, Smart TV e PC) a través da aplicación de Vodafone TV.
Con esta incorporación, explican a operadora, “mantémonos como o maior agregador de cinema e series con máis de 16.000 títulos distintos de cinema e series e máis de 95.000 contidos baixo demanda”.
Todos os títulos pódense gozar tanto en versión orixinal subtitulada como na súa versión dobrada ao castelán; algúns títulos mesmo foron dobradas en exclusiva para a plataforma.

PUBLICIDADE