Vodafone augura que en 2030 haberá 3.300 millóns de dispositivos realizando transaccións comerciais entre si

venres, 16 de xuño do 2023 S. P.

Vodafone vén de expoñer os resultados dun estudo encargado á consultora de telecomunicacións STL Partners que conclúe que até 3.300 millóns de dispositivos conectados comerciarán directamente entre si en 2030. O informe predí un crecemento meteórico dos dispositivos conectados á Economía das Cousas (EoT) que poderán comerciar entre si de xeito independente e segura (88 millóns de dispositivos que se estiman para 2024) e deduce que este crecemento suporá novas fontes de ingresos e mercados para os clientes empresariais de Vodafone.
O estudo suxire que a EoT -un mundo no que vehículos, dispositivos e máquinas poden interactuar e realizar transaccións entre si a través dunha plataforma dixital segura- representará máis do 10% do mercado global do Internet das Cousas (IoT), o que supón unha taxa de crecemento anual composta do 68%.
Atendendo a isto, Vodafone entrou no mercado da EoT en 2022 con Dixital Asset Broker (DAB). Grazas a esta plataforma de EoT, as empresas de múltiples sectores poden conectar os seus produtos a esta plataforma, que os verifica ao instante como fiábeis e permítelles automaticamente intercambiar e comerciar con datos e diñeiro a través de conexións seguras e cifradas, en lugar de ter que crear os seus propios sistemas.
A operadora xa anunciou a súa colaboración co conglomerado xaponés Sumitono Corporation para a creación dunha nova empresa adicada a impulsar o desenvolvemento da EoT mediante o despregamento de DAB (transmisión de audio dixital). O obxectivo principal desta joint-ventue é xerar modelos e produtos que creen novas fontes de ingresos grazas á información en tempo real e o uso dos datos recompilados -desde a cobranza automática dun coche de alugueiro mediante pago por uso ou subscrición ao envío de información actualizada sobre o punto de recarga máis próximo para condutores de vehículos eléctricos-. Na fase inicial deste proxecto o foco principal é a automoción e o transporte en Alemaña e Reino Unido, para despois estender este modelo a outros países europeos e América do Norte.
Grazas a unha maior cooperación en todo o sector, a tecnoloxía da información permitirá monetizar os datos xerados nunha rede de dispositivos conectados que poden interactuar, comunicarse, comerciar e realizar transaccións entre si a través de múltiples sistemas e contornas.
O informe predí tamén que os vehículos conectados terán a maior cantidade de dispositivos conectados a EoT en 2030. Isto débese a que a telemática vehicular xa está relativamente madura e a que os datos que recompilan os vehículos para outros no ecosistema teñen un gran valor. Os vehículos conectados e as infraestruturas intelixentes, como os puntos de recarga de vehículos eléctricos, os sensores de prazas de aparcamento e os semáforos, xa poden comunicarse e coordinarse directamente mediante a IoT.
O informe de STL Partners prevé ademais que en 2030 haberá máis de 1.200 millóns de dispositivos de rede intelixente conectados á EoT (o 40% da previsión total), así como 700 millóns de dispositivos de cadea de subministración. Outros inclúen paneis solares, semáforos, sistemas de inventario e subscricións personalizadas con dispositivos cotiáns, mesmo máquinas de café.
O estudo conclúe identificando principios que deben guiar a todas aquelas persoas, empresas e organizacións do sector público que buscan entrar con éxito no ecosistema da EoT. STL Partners prevé solucións que abarcan industrias e departamentos, agregando valor a través da Economía das Cousas.
Para acceder ao informe completo e ás recomendacións sobre como as empresas poden aproveitar a EoT cómpre visitar a web adicada de DAB.