Vodafone celebra o Black Friday achegando Video Pass durante seis meses e de balde

venres, 17 de novembro do 2017 Fernando Sarasketa

Para quen ande xa facendo plans para o Black Friday, do que falamos onte salientando cando se celebra (o derradeiro venres de novembro, o 24) e os porqués, dicirlle que as operadoras xa están a pechar fileiras arredor dunha celebración que, no que a nosa terra se refire, prevese que aumente en materia de seguimento nun 22% con respecto á actividade de vendas do ano pasado. Unha das operadoras que máis ruído fai é Vodafone, cuxa división española apuntouse a expandir a xornada de celebración nunha semana enteira: do 20 ao 27 de novembro. Ao longo destes días seremos testemuñas de “unhas ofertas que se saen”. Ademais, haberá iniciativas novas tanto para clientes actuais coma novos.
No paquete de ofertas e iniciativas atopamos o seguinte: por unha banda, ao longo dos devanditos días achegarase calquera paquete de Vodafone One (con fibra, móbil e fixo) a metade de prezo durante seis meses e con independencia da velocidade contratada, e pola outra, fornecerase aos clientes do servizo Vídeo Pass durante seis meses e de balde (con esta promoción os usuasrios poderán ver contidos audiovisuais no móbil “todo o tempo que queiran en sen gastar os datos da tarifa”, gozando tamén nos seus dispositivos dos contidos de HBO España). Por certo que o servizo Vídeo Pass está arestora valorado en 48 euros.
Ademais, Vodafone España regalará unha PlayStation 4 (até fin de existencias) valorada en 299 euros, ao adquirir un smartphone Sony Xperia XZ Premium, por 29 euros/mes. Así mesmo, durante este período, Vodafone tamén seleccionou diferentes terminais sobre os que aplicará un desconto sobre o seu prezo de venda para novas altas, renovacións de terminais e migracións de prepago a contrato, por exemplo o Huawei P10 Plus e o Huawei P10 (cuns descontos de 156 e 72 euros respectivamente), o terminal LG G6 (cun desconto de 96 euros e un prezo mensual de 16) ou os dispositivos intelixentes V by Vodafone: V-Pet, V-Bag, V-Auto e V-Camera, cun desconto do 50% e o primeiro mes de subscrición ao servizo gratis.
Para quen queira máis información sobre as ofertas e iniciativas da operadora estes días, non ten máis que visitar a web específica, www.vodafone.es/blackfriday.

PUBLICIDADE