Vodafone celebra o Nadal con fibra a 1 Gbps e un completo paquete de conectividade e contidos por 47 euros/mes

mércores, 4 de decembro do 2024 S. P.

Vodafone España lanzou dous novos plans de conectividade de cara ao período do Nadal, cos que os clientes terán liberdade para elixir a opción que máis se axusta ás súas necesidades. A operadora quixo mellorar a súa recente proposta de 2 liñas móbil ilimitadas Vodafone TV con máis de 80 canles con Max, Disney, Amazon Prime con Prime Vídeo e Netflix, ofrecendo Fibra 1Gbps polo mesmo prezo de 47 euros os 3 primeiros meses. Este plan está dirixido a clientes particulares que “buscan gozar do mellor entretemento”, explica a operadora.
O plan inclúe dúas liñas móbiles (con chamadas e datos ilimitados cada unha, sendo os primeiros 100 GB a máxima velocidade e unha vez consumidos a 2 Mbps), conexión de fibra a 1 Gbps e Vodafone TV (con máis de 80 canles e todo o contido de Max, Disney, Amazon Prime con Prime Vídeo e Netflix). Ademais, inclúe o decodificador Vodafone 4K, para “gozar da mellor experiencia de televisión”, sinala Vodafone, engadindo que este plan está dispoñíbel dende este 4 de decembro para a súa contratación cun prezo especial de 47 euros durante 3 meses e despois 78 euros/mes con Fibra 1 Gbps ou 68 euros/mes con 600 Mbps.
Desta forma, a operadora quixo “reforzar” a súa proposición “coa conectividade máis rápida do fogar, xunto coa proposta televisiva cos contidos máis demandados polos clientes, reiterando o noso compromiso por ofrecer o catálogo máis amplo e de maior calidade do mercado”, sinalou.
Ademais, de “maneira especial” e só desde o 4 ata o 18 de decembro, Vodafone lanza un novo Plan Só Móbil de 25GB a máxima velocidade 5G (despois navegación sen límites a 128Kbps) por 10 euros/mes. Este plan, conta con chamadas e SMS ilimitados a fixo e móbil a calquera operador nacional, e terá incluído a itinerancia na Unión Europea, Noruega, Islandia e Liechtenstein. Ademais, os países Reino Unido e Suíza tamén están incluídos de forma promocional ata o 30 de setembro 2025.