Vodafone comercializa a One Ilimitada Dúo cun desconto de 5€/mes e dispositivos gratis

xoves, 17 de agosto do 2023 S. P.

Vodafone España anunciou que a partir deste xoves 17 de agosto os clientes da operadora (particulares, profesionais e pequenas empresas) que contraten a tarifa Vodafone One Ilimitada Dúo (75,6€/mes) contarán cun aforro de 5€/mes de forma permanente (70,6€/mes).
Este paquete, engade a compañía, “incorpora a mellor conectividade tanto fixa como móbil, con dúas liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade 5G; fibra óptica de 600 Mbps; e Super Wi-Fi, para dispoñer de máxima cobertura sen fíjos en todos os recunchos do fogar”. Ademais, inclúe as plataformas HBO Max, Disney e Prime, máis de 60 canles e o decodificador Vodafone TV 4K para gozar de máis de 200.000 contidos baixo demanda.
Esta oferta, que forma parte da campaña Back to School de Vodafone, pode contratarse ata o 2 de novembro e tamén está dispoñíbel para clientes que só teñan móbil ou fibra e cambien ao paquete mencionado. A permanencia asociada a esta tarifa é de 12 meses.
Ademais, co programa Vodafone Flex, os novos clientes que fagan unha portabilidade á tarifa Vodafone One Ilimitada Dúo ou superior poderán completar a súa oferta levándose gratis a elixir un dos seguintes dispositivos, valorados en ata 599€, con permanencia de 24 meses: Xiaomi TV A2 55”, Samsung Galaxy Book 2 Go, Samsung Galaxy Tab A8, Samsung Galaxy A54 5G e OPPO A98 5G.
Vodafone engade que os clientes que se decidan por calquera dos smartphones ofrecidos ou pola tableta Samsung Galaxy Tab A8 contarán cunha promoción especial no seguro para dispositivos Vodafone Care: 3 meses gratis do servizo ao comprar o OPPO A98 ou a Samsung Galaxy Tab A8; e 30% de desconto durante o primeiro ano ao comprar o Samsung Galaxy A54 5G ou o Xiaomi Redmi Note 12 Pro.
Por último, aqueles que se decidan pola Samsung Galaxy Tab A8, poderán gozar de 1 mes gratis de conectividade MultiSIM OneNumber, para compartir os datos da súa tarifa e estar sempre conectados.

PUBLICIDADE